OUTONO CULTURAL · Compañía Humana "Iphxenia na porta do súper"

Salón de actos do Centro Social Polivalente. Avda. de Santa Minia 46 - 15865 - Ver mapa
Várias datas -
Organizado por Concello de Brión
Promoter s logo1.fw

Compra os teus bilhetes

Venda online encerrada.

Para mais informação pergunta ao organizador do evento.

Os dados do organizador estão no apartado "Organizado por".

Descrição do evento

O PROXECTO

Este espectáculo nace na ESAD de Galicia como o Traballo Final de Estudos da súa actriz protagonista, Alba Caneda, co que obtén a calificación de Matrícula de Honra e o unánime recoñecemento de alumnado e profesorado.

Na dirección unha das grandes promesas do teatro galego, Sara Rey Seone, seleccionada nada máis rematar os seus estudos para dirixir no Centro Dramático Galego "Shakespeare en Roma" no 2023.

No espazo escénico e iluminación o tándem formado por Carmen Casal e María Torres, dúas novas escenógrafas saídas tamén da ESAD de Galicia onde deseñaron o espazo do Tartufo producido polos teatros nacionais de Galicia, Portugal e Francia.

SINOPSE

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.

Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos.. 

Política de acesso

Para público adulto a partir de 12 anos

Vídeo

Comentários

4
Buenísima a obra
Vaia por díante que esa actriz é do milloriño que ai.
Pepe Assistiu em 17/10/2025
Siempre a mejor
El monólogo estuvo espectacular, y la actriz que lo interpreta fue la mejor ❤️‍ ❤️‍ ❤️‍ 5,,❤️‍ ❤️‍
Mari Nieves Calvo Pereiro Assistiu em 17/10/2025
Muy boa
Interpretación enorme.Grandísima actriz
Rosa Assistiu em 17/10/2025
Impactante
A actriz estivo magnífica. Mantívonos tensos, removéndonos na butaca durante toda a representación. E encantoume a variedade de galego!
Mario Assistiu em 17/10/2025
Nós e os nossos parceiros utilizamos cookies próprias e de terceiros, com a finalidade de te oferecer o serviço de maneira correcta, contar as visitas à nossa página e, em casos concretos, mostrar-te publicidade e permitir-te partilhar conteúdos em redes sociais. Podes obter mais informação sobre as cookies consultando a nossa Política de Cookies.