selecciona as túas entradas
Descripción do evento
O PROXECTO
Este espectáculo nace na ESAD de Galicia como o Traballo Final de Estudos da súa actriz protagonista, Alba Caneda, co que obtén a calificación de Matrícula de Honra e o unánime recoñecemento de alumnado e profesorado.
Na dirección unha das grandes promesas do teatro galego, Sara Rey Seone, seleccionada nada máis rematar os seus estudos para dirixir no Centro Dramático Galego "Shakespeare en Roma" no 2023.
No espazo escénico e iluminación o tándem formado por Carmen Casal e María Torres, dúas novas escenógrafas saídas tamén da ESAD de Galicia onde deseñaron o espazo do Tartufo producido polos teatros nacionais de Galicia, Portugal e Francia.
SINOPSE
Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.
Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.
Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos..
Política de acceso
Para público adulto a partir de 12 anos