EXCENTRICAS: O Auto do Castromil

Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 - Ver mapa
Varias datas -
Organizado por Concello de Brión
Promoter s logo1.fw

selecciona as túas entradas

Venta online cerrada.

Para máis información pregunta ao organizador do evento.

Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".

Descripción do evento

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.

O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Está feita com anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baús” “O Auto dos semulados da Caravilla”, Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”.

O Auto do Castromil é un espectáculo de Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego.

Espectáculo gañador de dous Premios de Teatro María Casares: Mellor Dirección (Quico Cadaval) e Mellor Vestiario (Carlos Alonso) e finalista en 3 categorías máis: Mellor Espectáculo, Mellor Actor Protagonista (Víctor Mosqueira) e Mellor Espazo Sonoro (Piti Sanz).


Espectáculo candidato aos Premios Max en dúas categorías: Mellor Espectáculo e Mellor Iluminación (Octavio Mas)

ELENCO
Rocío González
Victor Mosqueira
Marcos Orsi
Patricia Vázquez

ESCENOGRAFIA E INDUMENTARIA
Carlos Alonso

ILUMINACIÓN
Octavio Mas

ESPAZO SONORO
Piti Sanz

ATREZZO
Kukas Producións Artísticas

NOTICIARIO CINEMATOGRÁFICO
Marcos PTT Carballido

DESEÑO GRÁFICO
Javier de la Rosa – Milicia Gráfica

FOTOGRAFÍA
Sabela Eiriz

PRODUCIÓN
Rubén G. Pedrero

AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Mon Serodio

DIRECCIÓN E DRAMATRUXIA
Quico Cadaval

DURACIÓN
70 minutos

Política de acceso

Neste caso o promotor non especificou a política de acceso a menores, se tes calquera dúbida animámoste a que contactes directamente con el.

Comentarios

5
Fantástica
Un inmenso trabajo actoral.Enhorabuena por la grandisima interpretacion
9 Rosa Asistiu o 25/10/2024
O Auto Castromil
Excepcional obra e excepcionais interpretacións dos actores
Pilar Martínez Asistiu o 25/10/2024
O Auto Castromil
Xeniais os actores e a adaptación da obra
Carmen Represas Asistiu o 25/10/2024
O auto do castromil
Moi ben, tanto a escenografía e a música coma os actores e o texto.
M. Teresa Carballo Davila Asistiu o 25/10/2024
Brillante e imaxinativa
Unha obra con elenco de luxo para, dende a troula, cum relato onírico espertar conciencias e recoñecer a nosa historia. Una ovación.
M. Mónica Sanz Asistiu o 25/10/2024
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.