Zure sarrerak erosi
Online salmenta itxita.
Informazio gehiago jasotzeko ekitaldiaren antolatzailearekin harremanetan jarri.
Antolatzailearen datuak "Antolatzailea" eremuan daude.
Ekitaldiaren deskribapena
Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.
O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.
Está feita com anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baús” “O Auto dos semulados da Caravilla”, Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”.
O Auto do Castromil é un espectáculo de Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego.
Espectáculo gañador de dous Premios de Teatro María Casares: Mellor Dirección (Quico Cadaval) e Mellor Vestiario (Carlos Alonso) e finalista en 3 categorías máis: Mellor Espectáculo, Mellor Actor Protagonista (Víctor Mosqueira) e Mellor Espazo Sonoro (Piti Sanz).
Espectáculo candidato aos Premios Max en dúas categorías: Mellor Espectáculo e Mellor Iluminación (Octavio Mas)
ELENCO
Rocío González
Victor Mosqueira
Marcos Orsi
Patricia Vázquez
ESCENOGRAFIA E INDUMENTARIA
Carlos Alonso
ILUMINACIÓN
Octavio Mas
ESPAZO SONORO
Piti Sanz
ATREZZO
Kukas Producións Artísticas
NOTICIARIO CINEMATOGRÁFICO
Marcos PTT Carballido
DESEÑO GRÁFICO
Javier de la Rosa – Milicia Gráfica
FOTOGRAFÍA
Sabela Eiriz
PRODUCIÓN
Rubén G. Pedrero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Mon Serodio
DIRECCIÓN E DRAMATRUXIA
Quico Cadaval
DURACIÓN
70 minutos
Sarbide politika
Iruzkinak
5