VERDEVERAS EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS: "As formas do amor"

Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 - Ver mapa
Várias datas -
Organizado por Concello de Brión
Promoter s logo1.fw

Compra os teus bilhetes

Venda online encerrada.

Para mais informação pergunta ao organizador do evento.

Os dados do organizador estão no apartado "Organizado por".

Descrição do evento

Ela e el foron parella.

Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo póñeno patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno a armar.
Logo de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.
Unha historia para saír do teatro con bo sabor no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos amor.
Porque existen outros amores, necesitamos outras historias.
Despois de "Crónica dunha heterosexual insatisfeita", María Angeles Iglesias presenta "As formas do amor", unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego; para rir e reflexionar sobre como nos relacionamos con ese sentimento tan marabilloso que é o amor.


Unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego


Ficha técnica e artística:
Dirección: Gena Baamonde
Dramaturxia: María Angeles Iglesias
En escena: Sergio Zearreta e María Angeles Iglesias
Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas
Deseño sonoro e música orixinal: Tato López
Coproduce: Centro Dramático Galego (CDG)
Produción Xeral: Verdeveras Expresións Artísticas

Política de acesso

Neste caso o promotor não especificou a política de acesso a menores, se tiveres qualquer dúvida incentivamos-te a entrar em contacto diretamente com ele.

Comentários

6
Moi boa interpretación!
Gustoume a temática e a xenial interpretación, moi versátiles en canto, baile... E moi entretida, sobre todo!
Felisa Assistiu em 18/10/2024
Historias adultas
Máis obras de teatro como esta, con mulleres e homes adultos falando cousas que nos interesan.
Ana Assistiu em 18/10/2024
Fantástica
Una grandísima interpretación.Enhorabuena!!!
Rosa Assistiu em 18/10/2024
Magníficos!
O texto é moi bo, pero a interpretación foi simplemente excelente. Desfrutei moitísimo toda a hora, de cada xesto, dos cambios de rexistro... Que un evento cultural deste nivel sexa gratuíto di moito do Concello de Brión, no que cada día estou máis orgulloso de vivir.
Mario Assistiu em 18/10/2024
Profunda cun toque divertido, engallolante
Unha obra que desprende tenrura, que inventa outra forma de xestionar unha separación de parella onde hai amor... para que despois do amor siga a ser amor.
María Assistiu em 18/10/2024
Nós e os nossos parceiros utilizamos cookies próprias e de terceiros, com a finalidade de te oferecer o serviço de maneira correcta, contar as visitas à nossa página e, em casos concretos, mostrar-te publicidade e permitir-te partilhar conteúdos em redes sociais. Podes obter mais informação sobre as cookies consultando a nossa Política de Cookies.