PUNTO EN BOCA: ENTRE FÍOS ANDA O LÍO

Poboado das Minas. MINAS DE SAN FINX - Ver mapa
Várias datas -
Organizado por CONCELLO DE LOUSAME

Compra os teus bilhetes

Venda online encerrada.

Para mais informação pergunta ao organizador do evento.

Os dados do organizador estão no apartado "Organizado por".

Descrição do evento

Este espectáculo é o primeiro resultado do proxecto Punto en boca, recoñecido co VI Premio Luísa Villalta para proxectos pola igualdade, que durante os meses de febreiro e marzo desenvolveu unha decena de actividades e obradoiros arredor do mundo da costura no concello de Culleredo.

Da man da súa creadora, Raquel G. Crespo, a obra propón unha reflexión sobre o valor dos oficios tradicionais e sobre o papel das mulleres no ámbito téxtil, utilizando o teatro como ferramenta para divulgar e reivindicar estas profesións. Trátase dun espectáculo de carácter familiar protagonizado por unha muller, metade actriz, metade costureira, que percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é, ao mesmo tempo, escenario e taller. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Xunto a ela, unha araña discreta, incansable, tecedeira de silencios.

Creación e interpretación: Raquel Crespo

Dramaturxia: Susana Crespo

Música: Xosé Lois Romero

Ademais do apoio do Centro Dramático Galego a través do seu programa de coproducións, Punto en boca: Entre fíos anda o lío conta coa colaboración da compañía El Ruiseñor e do Concello de Culleredo. Poderá verse nunha trintena de concellos galegos durante a xira que desenvolverá ata finais de agosto.

Teatro

Política de acesso

Neste caso o promotor não especificou a política de acesso a menores, se tiveres qualquer dúvida incentivamos-te a entrar em contacto diretamente com ele.

Comentários

2
Unha boa actuación
Encantoume como fixo a actriz , foi intensa, loca, triste de todo tipo de emocións foi o q sentín. Volvería a ver outra actuación dela.
Maria Assistiu em 29/08/2025
Familiar e divertida
Foi xenial. Encantounos. Fomos cos nenos e a eles tm lles gustou moito. Como nenos que son falaban as veces e comentaban pero nós como pais correximolos. Algún...shhhh se escoitou e penso que temos que se queremos que o teatro perdure nas novas xeracións os nenos non poden ser sempre unha molestia.
Estivo Xenial. A Actriz Movíase En Rexistros Variados Que Facían Non Perder A Atención E Ser Moi Divertida A Obra Assistiu em 29/08/2025
Nós e os nossos parceiros utilizamos cookies próprias e de terceiros, com a finalidade de te oferecer o serviço de maneira correcta, contar as visitas à nossa página e, em casos concretos, mostrar-te publicidade e permitir-te partilhar conteúdos em redes sociais. Podes obter mais informação sobre as cookies consultando a nossa Política de Cookies.