OS FABULOSOS CLEANERS
Event s cleaners cartel mail

OS FABULOSOS CLEANERS

Organizado por: Concello de Brión

CENTRO SOCIAL POLIVALENTE. Avenida de Santa Minia, 46 - Brión Ver mapa CENTRO SOCIAL POLIVALENTE. Avenida de Santa Minia, 46 - Brión

Venda online encerrada.

Para mais informação pergunta ao organizador do evento.

Os dados do organizador estão no apartado "Organizado por".

Descrição

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia.

O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

ACTORES: Xoque Carbajal e Jouse García
AUTORÍA: Luis Beviá e Xoque Carbajal
DIRECCIÓN: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Clasificada: Todos os públicos
Duración: 60 minutos

Política de acesso

Publico familiar: a partir de 3 anos.

Vídeo

Galeria

Ver galeria

Opiniões (2) 2 Opiniões

Nieves Mera Gonzalez
20/12/2021
Assistiu em 18/12/2021 OPINIÃO VERIFICADA
Espectáculo xenial!
Foi un espectáculo super entretido.Espactacular!Repetiremos sen duda
Alba Vazquez Hermida
19/12/2021
Assistiu em 18/12/2021 OPINIÃO VERIFICADA
Fabuloso
Muy buen espectáculo.Nos gustó mucho!!!
Nós e os nossos parceiros utilizamos cookies próprias e de terceiros, com a finalidade de te oferecer o serviço de maneira correcta, contar as visitas à nossa página e, em casos concretos, mostrar-te publicidade e permitir-te partilhar conteúdos em redes sociais. Podes obter mais informação sobre as cookies consultando a nossa Política de Cookies.