Presentación da Andaina Terras de Altamira e monólogo de FEDERICO PÉREZ

Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 - Ver mapa
22/03/2025 20:00
Organizado por Concello de Brión
Promoter s logo1.fw

selecciona as túas entradas

Entrada Xeral

Quedan 66
0,00 €
Prezo final. Gastos de xestión incluidos.
Total:
0,00 €
Total
0,00 €

Descripción do evento

A décima edición da Andaina Terras de Altamira vai ser presentada nunha gala que se celebrará o vindeiro sábado día 22 de marzo as 20h. no Centro Social Polivalente do Concello de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, recoñecido meteorólogo da TVG, e na que tamén estarán presentes Pablo Lago, Alcalde de Brión; Javier Rico, delegado do reitor da USC para o Deporte e para a Igualdade; membros da Asociación O Esquío No Piñeiro e diversas autoridades da Federación Galega de Montañismo.

Nesta gala explicaranse os pormenores da proba, falarase das novidades do percorrido para este ano 2025 e tamén contaremos coa gran actuación de:

- FEDERICO PÉREZ, recoñecido actor e humorista galego con papeis en series como Padre Casares, Air Galicia, La Casa de Papel... e galardoado nos premios .  A súa presenza en filmes e series aportoulle diferentes premios, entre eles o Mestre Mateo do ano 2023 como mellor actor de reparto pola película O Corpo Aberto onde podemos ver unha faceta máis dramática, mais a comedia segue a ser a súa principal arma.

Xa que o sabes, voucho contar (e cantar) · Un monólogo de Federico Pérez

Cando pensamos que o sabemos todo, igual é o momento de pensar que non temos nin idea. Ou igual a nosa versión dos feitos non é a única boa. É máis, igual é a peor versión de todas. Que quero dicir con isto? Non o sei. Pero estame gustando escribilo.
Este espectáculo pretende rirse de si mesmo e de que a xente ría con el. Vaia novidade, non? Un espectáculo de humor para que a xente ría. Pois si. Que pasa? Este espectáculo é a miña versión dos feitos. E de que feitos estou falando? Pois estou falando de cando eu nacín, de como me criei, da miña nai, de meu pai, de miña avoa, do lugar no que medrei, de onde estou agora e, sobre todo, do lugar ao que, seguro, vou chegar: a morte.
Vou contar todo isto e tamén o vou cantar. Porque me gusta cantar. Mal, pero gústame. E, botando man de clásicos como The Beatles ou Frank Sinatra, conto e canto historias que me conmoven, que me fan graza, que me emocionan, que me escarallan…

Política de acceso

Neste caso o promotor non especificou a política de acceso a menores, se tes calquera dúbida animámoste a que contactes directamente con el.

Vídeo

Galería

Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.