Monstros - Compañía "Producións Excéntricas"

Auditorio Municipal da Casa da Cultura. Casa da Cultura - Ver mapa
Varias datas -
Organizado por Concello de Outes

selecciona as túas entradas

Venta online cerrada.

Para máis información pregunta ao organizador do evento.

Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".

Descripción do evento

As butacas comprendidas dende a fila 4 ate a 9 non estarán dispoñibles na reserva online xa que están reservadas para a reserva presencial e os bonos teatro.

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharánse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.

Os menores de 12 anos, titulares de carné xove, parados e maiores de 12 anos poden desfrutar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE


SINOPSE

Amanda, Valentín, Clo e o silencioso Max, teñen o plan perfecto para loitar contra unha tarde de aburrimento: irán ata a Casa das Pantasmas que hai case na saída da vila. É un sitio marcado por historias aterradoras, na que se di que paran absolutamente todos os seres terroríficos do lugar: dende o vampiro de Lalín ata unha misteriosa serie de pantasmas. Pero non é tan sinxelo chegar ata alí. Para comezar teñen que rescatar a Clo do seu castigo e despois pasar por varios perigos, como a ponte podre que cruza o río, a finca do malvado Catavís que garda o can Sultán... e o máis importante: entrar na casa, que semella pechada e ben pechada. Un momento! Parece que hai un furadiño na porta polo que poden botar unha ollada... que haberá dentro?

MONSTROS é unha divertida aventura para toda a familia que nos propón risas e reflexión ao mesmo tempo. Que é aquilo que nos causa temor máis que o que é diferente a nós? Non somos todas e todos un pouco raros? Non poderemos parecer monstros ante os ollos de outras persoas? MONSTROS é o artefacto divertido que nos conta que aprender a convivir cos nosos medos axúdanos a entendernos a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstrosidades.

MONSTROS é un espectáculo orientado para público escolar e familiar cun elenco de primeira. Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira; e coa música en directo do músico Piti Sanz. Un espazo escénico composto por un tendedeiro a gran escala e a música en directo axudarán a levarnos de paseo polos ambientes mais sinistros. Quen son as autoras desta farsesca viaxe ao planeta do medo? María Lado e Lucía Aldao. Quen dirixe esta festival do humor e o terror? Marcos Orsi.

Duración: 55 minutos

Para todos os públicos (especialmente recomendada para rapazada de 4 a 12 anos)

Política de acceso

Neste caso o promotor non especificou a política de acceso a menores, se tes calquera dúbida animámoste a que contactes directamente con el.

Galería

Comentarios

2
Fantástica
Encantounos os adultos e os peques. Parabéns!
Maria Teresa Asistiu o 28/09/2024
Moi ben
Obra divertida con actores bos. Encantoulles aos nenos
Julien Asistiu o 28/09/2024
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.