ISOLADA de Natalia Outeiro "Pajarito"

Auditorio Municipal da Casa da Cultura. Casa da Cultura - Ver mapa
Varias datas -
Organizado por Concello de Outes

selecciona as túas entradas

Venta online cerrada.

Para máis información pregunta ao organizador do evento.

Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".

Descripción do evento

As butacas dende a fila 2 ate a 9 non estarán dispoñibles na reserva online xa que están reservadas para a venda presencial e os bonos teatro.

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharánse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.

Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden desfrutar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE.


SINOPSE

“A muller nena habita nunha illa afortunada”. Eugenio Granell

Esta é a frase que abre a porta a unha nova aventura, a creación dun espectáculo de clown con poesía que volta á esencia da pallasa, da pallasa como concepto e tamén da pallasa como actriz, dándolle un contexto contemporáneo e onírico.

A chegada dunha pallasa a unha illa, onde sobrevivir é naufragar, e o fracaso unha forma de existir. Unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes. Todo cambia a cada instante, porque con todo se pode xogar, co presente, coa realidade que se vive.

A soidade, a ensoñación dun cabaré bailado cun carretillo feito persoa, a aparición dun nativo co que compartir un futuro quizais non desexado. Contradicións eternas do ser humano, instintos básicos, a risa e a poesía como fío entrelazador de historias.

Política de acceso

Neste caso o promotor non especificou a política de acceso a menores, se tes calquera dúbida animámoste a que contactes directamente con el.

Vídeo

Comentarios

1
Un dez!
Rimos as cacharadas!
Laura Asistiu o 7/12/2024
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.