Festival BRIÓNinclúde: Espectáculo El Triciclo

CENTRO SOCIAL POLIVALENTE. Avenida de Santa Minia, 46 - Brión - Voir la carte
Plusieurs dates -
Organisé par Concello de Brión
Promoter s logo1.fw

Sélectionnez vos billets

Vente en ligne fermée.

Pour plus d'informations, posez vos questions à l'organisateur de l'événement.

Les informations de l'organisateur sont dans la section "Organisé par".

Description de l'événement

A OBRA

"El triciclo" é unha das primeiras obras de Fernando Arrabal, máximo expoñente do Teatro do Absurdo no noso país, na que nos presenta, con toda a súa crueza, a personaxes desposuídos, a mercé da rúa, e que só dispoñen dunha propiedade, un vello Triciclo no que cada día dan viaxes aos nenos e nenas que hai no parque, a cambio dunhas calderillas, para poder ter un anaco de pan que botar á boca. Son personaxes excluídos, pertencentes a unha escala social que pasa desapercibida en demasiadas ocasións, pero que viven entre nós; a similitude cos actores e actrices da escola Ricardo Iniesta é grande xa que moitos destes, persoas con Diversidade Funcional, demasiadas veces non son tidas en conta.

Nesta adaptación, a obra está atravesada pola situación sanitaria e social absurda que vivimos nestes momentos de pandemia, e os personaxes son vítimas directas: un pallaso de circo e unha trapecista que xa non teñen circo no que traballar, un home que vive nun colector porque quedou sen casa, un menor non acompañado que atopa compaña na rúa e que loita en todo momento por atopar recursos económicos para pagar os prazos do triciclo que lles dá para comer nunha cidade na que os nenos e nenas xa non saen aos parques... Alén, o Capitalismo salvaxe, á espreita, disposto a servirse do que sexa para seguir sosténdose, e os vixiantes da lei, dunha lei ao servizo, demasiadas veces, dos que máis teñen.

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO «RICARDO INIESTA»
Nada no ano 2000 a proposta de Luís Carlos Latorre e Nati Villar, a seu actual condutora, a Escola comezou como unha aula de artes escénicas da localidade, pero é a partir de 2003 cando comeza a crecer cara a unha proposta de teatro máis social, sendo xa todo un referente a nivel nacional. Corroboran este feito a súa participación en citas senlleiras como o Festival de Artes Escénicas e Inclusión Social (Conca), o Festival IGUALARCHE (Vigo), a Mostra Internacional de Teatro de Investigación MITIN (Sala TNT de Sevilla), o proxecto europeo Caravan Next ou o Festival Visibles (Sala Tarambana de Madrid)

Politique d'accès

Dans ce cas, le promoteur n'a pas spécifié la politique d'accès pour les mineurs, si vous avez des questions, nous vous encourageons à contacter directement celui-ci.

Galerie

Commentaires

2
Genial
Genial
Rafael Présent le 11.12.2021
Un espectáculo moi recomendable
Moito mérito por parte tanto do elenco como da dirección.
Iago Martínez Présent le 11.12.2021
Nous et nos partenaires utilisons des cookies propres et de tiers dans le but de t'offrir le service de manière correcte, de mesurer les visites sur notre site web et, dans certains cas, de te montrer de la publicité et te permettre de partager des contenus sur les réseaux sociaux. Tu peux obtenir plus d'informations sur les cookies en consultant notre Politique des Cookies.