Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
“As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.
As súas protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maiores
A liña argumental avanza e retrocede, léase e desléase como un nobelo imaxinario e imposible de descifrar
As dúas personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, retrincos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, acontecer, ou pode ser froito das súas enfermizas mentes. Como espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais que a propia realidade circundante.
No caso de que o que contan sexa verdade, acontecese, resulta patético e arrepiante.
No caso de que o que contan sexa un invento froito do desvarío e da enfermidade, entón o que resulta patético e arrepiante son as propias personaxes, as súas mentes capaces de imaxinar tal acontecer.
Política de acceso
Comentarios
2