La casa de los dedos - Compañía "El conejo salvaje"

Auditorio Municipal da Casa da Cultura. Casa da Cultura - Ver mapa
Varias fechas -
Organizado por Concello de Outes

Selecciona tus entradas

Venta online cerrada.

Para más información pregunta al organizador del evento.

Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".

Descripción del evento

As butacas comprendidas dende a fila 4 ate a 9 non estarán dispoñibles na reserva online xa que están reservadas para a reserva presencial e os bonos teatro.

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharánse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.

Os menores de 12 anos, titulares de carné xove, parados e maiores de 12 anos poden desfrutar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: 

SINOPSE E DESCRICIÓN DA OBRA

“A Casa dos Dedos” é unha creación colectiva de: Alicia Trueba, Javier Ariza, Ruth Garreta e Aitor Basauri. Dirixida por Aitor Basauri. A dramaturxia nace da sala de ensaio; unha historia teatral multidisciplinar que se nutre da comedia xestual e do xénero musical, apoiándose nas técnicas de circo contemporáneo e a figura do novo clown. A compañía "El Conejo Salvaje" nace da unión de catro artistas con traxectorias de carácter internacional, procedentes do mundo do teatro, o musical e o circo. Na súa primeira creación coral, os autores apostan por conducir o espectador nunha viaxe cara ao oculto sen precedentes a través dun espectáculo musical, unha coreografía clásica ou unha rutina pura de clown, cuxa trama se desenvolve nunha barraca de circo ambulante con forma de fotomatón.

Unha historia de dificultade, superación e esperanza. A barraca de feira “A Casa dos dedos” viaxa de maneira itinerante por todas as vilas medianas e pequenas da xeografía española. Alí onde chega, amosa o mundo sorprendente e extraordinario do oculto, do máis aló, das criaturas fantasmagóricas e inexplicables que viven entre nós pero pertencen ao mundo dos mortos. Os protagonistas, Godard, Pon Pon e Katia, son unha sorte de familia disfuncional que sobrevive grazas á necesidade que teñen uns dos outros. A tensión e os desexos non satisfeitos xeran problemas insalvables, que fan que se cometa un asasinato. Créndose libres da presenza maligna, descobren que a alma do morto volveu á barraca para resolver as contas pendentes. A través dun pacto co mundo das ánimas, os tres aprenderán a convivir en harmonía.

Política de acceso

En este caso el promotor no ha especificado la política de acceso a menores, si tienes cualquier duda te animamos a que te pongas en contacto directamente con él.

Vídeo

Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.