Asistencia como público ao programa "El Grand Prix del Verano"

Elamedia Estudios. Poligono Elamedia Estudios - Ver mapa
Varias fechas -
Organizado por Concello de Brión
Promoter s logo1.fw

Selecciona tus entradas

Venta online cerrada.

Para más información pregunta al organizador del evento.

Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".

Descripción del evento

Se queres formar parte do PÚBLICO da gravación do GRAND PRIX, non dubides en anotarte.

HORARIOS
- Os participantes deben estar ás 11:30h nas instalacións (Polígono Cobo Calleja, Fuenlabrada)
- O público ten que estar ás 14:30h nas mesmas instalacións

Onde? Calle Río Tormes 9, Polígono Cobo Calleja, Fuenlabrada (Instalacións do estudio de gravación)
Cando? Martes 11 de xullo (todo o día)
      
Os autobuses sairán dende Brión ás 0:00h da noite dirección Madrid (é dicir, o luns de madrugada, o martes 11 ás 0:00h, para chegar o propio martes pola mañá). Sairán os autobuses xuntos para evitar imprevistos.

Toda a viaxe e a rodaxe levarase a cabo no mesmo día durante unha única xornada (o día 10 e o día 12 quedarían libres).


A viaxe pode ser xestionada de maneira particular (viaxe privada + estancia).

De todas formas, ao ser unha aventura común de todo o pobo, contrataremos (mínimo 2) autobuses para o desprazamento de todos os que se animen (participantes + público), pagado por cada un dos que queira sumarse (é dicir, os que vaian teñen que asumir os costes de desprazamento).

Que cubre a produtora?
A comida dos PARTICIPANTES dese día.
En canto ao PÚBLICO, farase un parón a media tarde e se proporcionará bebida e algo para comer, pero recomendan dende o programa que cada persoa do público leve a súa comida de forma particular.

Recomendacións da produtora:
- Xente relativamente moza e "con aguante": debido a dureza das horas de gravación e as horas engadidas do desprazamento de ida e volta nun mesmo día. Tamén indican que as gradas non son como o sofá de casa, é dicir, son algo incómodas.
- Levar comida e bebida para o día da rodaxe.
- Levar o DNI (obrigatorio).

Que se fará nada máis chegar?
- Identificarase a cada persoa integrante do público (co nome completo e DNI)
- Firmarase un documento de autorización de dereitos de imaxe (piden evitar menores, pero si van, teñen levar unha autorización asinada por AMBOS pais/nais/titores legais e ir acompañado por un ou os dous dos mesmos)
- Repartirase a camiseta da cor que se lle asignará ao equipo de Brión (poderá ser tanto AZUL como AMARELA).
- Colocarase a todo o pobo na súa zona de grada.

Advertimos que o presentador, Ramón García, quererá entrevistar a persoas que perciba moi animadas durante a gravación (e moi representativas do pobo). Tamén haberá un equipo médico dentro do estudio preparado para calquera necesidade ou urxencia.

A hora de remate da gravación non se sabe con certeza. Hai que contar con posibles imprevistos, entón, queren ser honestos con nós (sobre todo, porque temos horas de viaxe de volta) e advertirnos que probablemente remate sobre as 12 da noite. Hai posibilidades de que sexa antes, pero prefiren advertir o (moi posible) retraso de todo, xa que, aínda que sexan profesionais e estea todo previsto, “na tele sempre hai que contar con retrasos e imprevistos”.

Dito todo, estaremos encantados de que o equipo de Brión conte co máximo apoio dos seus veciños e veciñas e sobre todo que BRIÓN estea ben representado e animado en toda España! Ao ser un programa tan desexado e de tanta audiencia, e ter un impacto publicitario para o municipio destas dimensións!

Así que, non dubidedes en apuntarvos.
O método de selección do público será por orde de inscrición.  Prazas limitadas (80 prazas)

Resumo:
1.- Saída de Brión ás 0:00h.
2. - Viaxe nocturna a Madrid (coas paradas obrigatorias no camiño).
3. - Chegada a Madrid sobre as 09:00h da maña (para almorzar, descansar, estirar as pernas, etc.)
4. - Recepción dos participantes ás 11:30h no estudio de gravación (Polígono Cobo Calleja, Fuenlabrada)
5. - Mañá libre do público (en Fuenlabrada, dados os servizos e a proximidade, estará todo coordinado cos autobuses).
6. - Recepción do público ás 14:30h (nas mesmas instalacións).
7. - Identificación, firma de autorizacións, comezo de rodaxe.
8. - Viaxe de retorno, unha vez finalizado todo (estiman 12 da noite).
9. - Chegada a Brión pola maña (en función da hora de saída, que ata o mesmo día, non se saberá).

No caso de querer ir por libre, deberá ser comunicado (para telo en conta á hora de aluguer autobuses) e se deberá estar nas instalacións de rodaxe (Calle Río Tormes 9, Polígono Cobo Calleja, Fuenlabrada) ás 14:30h, o martes 11 de xullo, co DNI en man.

Política de acceso

Non se permite a asistencia de persoas menores de 16 anos. Teñen que cumplir 16 anos neste ano 2023.

Vídeo

Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.