XXVI FESTIVAL DE TÍTERES DE NADAL: TITERES ALAKRÁN "DESCONEXIÓN"
Veranstaltet von: Concello de Brión
Das Event wurde abgesagt.
Dieses Event wurde vom Veranstalter aus folgendem Grund abgesagt:Debido a alta incidencia da Covid no Concello este evento queda adiado ata novo aviso.
Wenn Du für dieses Event eine Eintrittskarte gekauft hast, haben wir die Rückerstattung eingeleitet. Zusätzlich haben wir Dir alle Informationen an die von Dir beim Kauf angegebene E-Mailadresse gesendet.
Ereignisdetail
As nosas vidas dependen da cobertura, da velocidade da transmisión de datos, da wifi ou da fibra óptica, dun entorno virtual e invisible… Somos unha sociedade hiperconectada, que entra en pánico se unha aplicación cae ou o sistema queda colgado. Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.
Chegou á hora de redescubrir a vida real, a analóxica e natural: de establecer unha conexión romántica co noso entorno, coas persoas que temos preto e coas nosas tradicións.
SINOPSE
Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é “unha vida tecnolóxica é unha vida ordeada”. A inesperada chegada do avó Eldemiro á casa, abrirá unha xanela a Carmela para descubrir en primeira persoa a lenda mitolóxica da moura, e reconectará á toda a familia co mundo real…
Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.
EQUIPO
Dirección: Xurxo Rey e Manuel Mansilla.
Interpretación: Borja Insua e Alba Grande.
Escenografía e monicreques: Borja Insua.
Composición musical: Luis Iglesias.
Voz en off: Isabel García.
Texto orixinal: Borja Insua.
Dramaturxia: creación colectiva.
FICHA TÉCNICA
Duración: 45 minutos.
Técnica: monicreques de mesa.
Agradecementos: Lucho Penabade (Os Quinquillas) e familia, Ero Vázquez (Trécola), Xacobo Pais, Kukas e Isabel Rey, LLou e Arale, Mario Maceiras, Javito, Eduardo Garay e Carina Spinozzi.
Zugangsrichtlinien
Publico familiar: a partir de 5 anos.