Kaufe Deine Eintrittskarten
Online Verkauf geschlossen
Für mehr Infos setze Dich gerne mit dem Veranstalter des Events in Verbindung.
Die Kontaktdaten des Veranstalters findest Du unter dem Abschnitt "Verantaltet von".
Ereignisdetail
Espectáculo musical de Paco Nogueiras
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
O músico e actor Paco Nogueiras vai nos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida Máquina nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.
Zugangsrichtlinien
Kommentare
2